Categoría: Residencia Natividad de María

II XORNADA INTERXERACIONAL 2017

Este Xoves os nenos do campamento de Vilamartín viñeron a visitarnos e a facernos pasar unha mañá diferente. Tivemos actuación do circo mais atolado de toda a comarca, despois entre todos preparamos unhas brochetas de froita que mais tarde zampamos co chocolate. Para rematar deixamos a pegada no noso “fotocall” mais simpático.

Tedes aquí un pequeno anaco de todo o que disfrutamos tanto pequenos coma grandes e unha fermosa imaxe da unión entre distintas xeracións.

Un agradecemento a María polas fotos tan chulas.