
Celebramos o Magosto ao ritmo da música!
O pasado martes, día 10, celebramos na nosa residencia unha das tradicións máis especiais do outono: o Magosto, coincidindo coa véspera da festividade de San Martiño.
Foi unha xornada moi agradable na que os nosos residentes puideron gozar dunhas deliciosas castañas asadas, un dos elementos máis característicos desta celebración, e de música en directo, que encheu o ambiente de alegría e bo humor.
Entre castañas, cancións e bos momentos, compartimos unha tarde diferente, gozando das nosas tradicións e, sobre todo, da compañía de todos.
Porque non hai mellor maneira de celebrar o outono que mantendo vivas as nosas tradicións e gozando xuntos destes pequenos grandes momentos!






























