TALLERES DE REPOSTERÍA
Estas son algunhas das imaxes dos talleres de repostería que se están a facer no Mosteiro. Cada semana facemos un postre distinto, e estos son algúns deles… dende bolitas de coco, a brazo de xitano ou tarta de chocolate con galletas. Así, que, despois de comer…sempre hai que deixar un oco para o postre!
O pasado martes 11 de abril fomos facer unha pequena excursión pola vila de Allariz. Alí paseamos pola beira do río, desfrutamos do encanto do casco antigo e finalmente quedamos a comer pola zona, pasando así un bo rato co grupiño que se animou a participar dunha mañá do máis agradable.
























regalo.



























