
Un San Xoán cheo de festa, tradición e bos momentos!
Na Residencia de Maiores de Quiroga celebramos o San Xoán como mellor sabemos: compartindo, rindo e pasándoo en grande.
Ao longo da xornada gozamos de xogos populares, baile e música, e tamén degustamos as tradicionais sardiñas, imprescindibles nesta celebración, sen esquecer á queimada, que puxo o broche a un día moi especial. Tamén organizamos un divertido bingo con catro persoas gañadoras, que recibiron o seu premio entre aplausos e moita ilusión.
Ademais, a festa luciu aínda máis grazas á decoración, elaborada polas residentes, que puxeron todo o seu agarimo e creatividade para encher os espazos de cor e ambiente festeiro.
Un día para compartir, sorrir e manter vivas as nosas tradicións.
Xa estamos desexando repetir!





























