¡Benvida María!
María chegou o noso centro hai uns días…Foi sempre unha persoa dedicada o coidado da súa casa, por iso, para ela é moi importante participar nas labores domésticas. Polo tanto, facemos todo o que está na nosa man para que se involucre en actividades significativas (ocupacións) para ela, a par que se favorece o proceso de adaptación. No día de hoxe axudou no comedor a recoller e poñer a mesa, e, como era de esperar, fixoi marabillosamente ben.