
II XORNADA INTERXERACIONAL 2017
Este Xoves os nenos do campamento de Vilamartín viñeron a visitarnos e a facernos pasar unha mañá diferente. Tivemos actuación do circo mais atolado de toda a comarca, despois entre todos preparamos unhas brochetas de froita que mais tarde zampamos co chocolate. Para rematar deixamos a pegada no noso «fotocall» mais simpático.
Tedes aquí un pequeno anaco de todo o que disfrutamos tanto pequenos coma grandes e unha fermosa imaxe da unión entre distintas xeracións.
Un agradecemento a María polas fotos tan chulas.