¡Excursión zoo Marcelle!
Para poñer fin o verán os nosos/as residentes foron de excursión o zoo de Marcelle, en Lugo. Pasámolo estupendamente, acompañados de bon tempo e moitas ganas dun día diferente para romper coa rutina, proba diso:

Unha das premisas do envellecemento activo é a participación. Por iso, a terapeuta ocupacional cada mañá traballa cos nosos/as residentes para que se involucren todo o posible nas súas actividades básicas da vida diaria (ducha, aseo, vestido…). Todo este proceso promove a calidade de vida, así como a autorealización e a satisfacción persoal.
Cada día intentamos exprimir as actividades todo o posible…Por iso, primeiro creamos o material e despois traballamos. En este caso tocou manexo de diñeiro, unha actividad instrumental da vida diaria que prepara os nosos/as residentes para futuras compras que queiran realizar nas saídas a Celanova. Además de traballar funcións executivas coma o cálculo e reportar beneficios a nivel de satisfacción persoal o retomar actividades que se deixaran de lado…
Cada semana seguimos realizando a nosa saída habitual a Celanova, algo que ós/as nosos/as residentes lles gusta cada día máis…