
O que non se olvida…
As nosas residentes encántalles seguir realizando ocupacións que levaban a cabo anos atrás…
As nosas residentes encántalles seguir realizando ocupacións que levaban a cabo anos atrás…
Os arredores do Mosteiro permítennos saír a pasear cos nosos/as residentes. Así podemos facer exercicio para manternos en forma, estar en contacto directo coa natureza e cambiar de aires. Aquí vos deixamos unhas fotiños…
Aquí vos deixamos as fotos da última festa de cumpreanos que tivemos…¡Que sexades moi felices e cumprades moitos máis!
O pasado luns celebramos no Mosteiro a festividade de San Xoán con unha tarde moi completiña. Para empezar divertimonos moito co paracaídas, seguimos con diferentes xogos (bolos, anillas, globos…) e terminamos con un maravilloso karaoke para recordar todas as cancións que lle encantan os nosos/as maiores. A continuación, e como manda a tradición, prendimos a fogata, queimamos un boneco, saltamos o lume e pedimos os nosos mellores desexos, nos cales destacou principalmente «a saúde». Antes de ir a cama tras esta especial tarde, os/as residentes disfrutaron da típica sardiñada de San Xoán. Estamos deseando a seguinte festa…