Categoría: Mosteiro de Ramirás

Hoxe traballamos…

A motricidade fina é unha das habilidades que impacta directamente e de maneira beneficiosa nas Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD). Por iso, para lograr unha involucración plena dos nosas/as residentes nas súas ABVD (ducha, vestido, aseo, alimentación…) traballamos con exercicios que involucran seguimento visual, coordinación man-ollo, cálculo de distancias, precisión, pinzas, manipulación, agarre…todo beneficios:

Luns de cafés e compras

Seguimos aproveitando este bon tempo para saír cada luns a tarde a Celanova. Ademáis do café que non perdoamos, os nosos/as residentes aproveitan para facer as súas compras. Todo isto sirve para fomentar a súa independencia e calidade de vida, a par que se traballa actividades instrumentais da vida diaria como o manexo de diñeiro. Aquí vos deixamos unhas fotiños.

 

¡Xoves musicais!

Como nos gustan os xoves…xa que nos visita Bea para as sesións de musicoterapia polas distintas estancias do centro. Acordeón, instrumentos…¡e a cantar!

¡CUMPREANOS MES DE ABRIL!

Con un pouquiño de retraso…pero aquí vos deixamos as fotos que plasman o ben que o pasamos na celebración dos cumpreanos do pasado mes de abril. Tarta, regalos e un detalliño especial feito no taller de manualidades que lles sirve para personalizar un chisquiño máis as súas habitacións…¡Felicidades a todos/as, qué sexan moitos máis!