Categoría: Mosteiro de Ramirás

¡Benvida María!

María chegou o noso centro hai uns días…Foi sempre unha persoa dedicada o coidado da súa casa, por iso, para ela é moi importante participar nas labores domésticas. Polo tanto, facemos todo o que está na nosa man para que se involucre en actividades significativas (ocupacións) para ela, a par que se favorece o proceso de adaptación. No día de hoxe axudou no comedor a recoller e poñer a mesa, e, como era de esperar, fixoi marabillosamente ben.

 

¡Luns ó sol!

Aproveitando unha tregua que nos deu este mal tempo, saímos a Celanova o luns pola tarde: un café na terraza o sol, uns recados polas tendas e para rematar un paseo pola praza do concello antes de volver o Mosteiro…¡QUÉ BEN O PASAMOS!.

CUMPREANOS MARZO

Para poñer fin a marzo tivemos a celebración dos cumpreanos dos residentes que cumpriron en este mes. Non faltaron as tartas elaboradas no taller de cociña, e como non, un regalo para cada un deles.

¡Felicidades: Carmen, Camila, Pepa e Aurelio!

 

¡FELICES 85 AURELIO!

Aurelio foi un dos primeiros en chegar a residencia de Ramirás, polo que leva con nós moitos anos. Onte estivo de aniversario, e non perdimos a ocasión de celebralo: tarta, música…e sobre todo, un moi forte ¡CUMPREANOS FELIZ! cantado por todas e todos con moito cariño.